A Escola de Música e Danza de Mos celebra o festival de fin de curso
O Círculo Recreativo e Cultural de Torroso informa de que mañá, sábado 20 de xuño, celebrarase o fin de curso da Escola de Música e Danza de Mos. Dará comezo ás 19:00 horas da tarde no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. Este festival é un resumo de todo o traballado durante o curso, polo que supón un día de moito esforzo por parte do alumnado e dos profesores. A entrada será libre e de balde para todo o público asistente.











