A Escola de Gaitas e Percusión do Morrazo pecha o curso o sábado 20 de xuño
O sábado 20 de xuño, ás 12:30 horas, o auditorio municipal de Cangas será o escenario do concerto de fin de curso da Escola de Gaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra. Baixo a dirección de Hipólito Cabezas e dos mestres Pedro Álvarez Fariña, Andrés Vilán e Jesús Costas os 108 alumnos da escola clausurarán o curso 2014-2015 cunha actuación aberta ó público, na que mostrarán as habilidades e coñecementos musicais adquiridos no último ano.
Neste acto de clausura tamén se lles entregarán os diplomas acreditativos ós 53 alumnos de gaita, 21 de redobrante e 34 de pandeireta matriculados este curso na escola. Máis de 640 alumnos de toda a provincia ampliaron a súa formación en música tradicional galega na Escola de Gaitas e Percusión da Deputación, con sedes en Vilanova de Arousa, Pontevedra, Vigo, Lalín e Cangas.











