A embaixadora de Australia en España visita Ferrol

Rey Varela coa embaixadora de Australia en España
O alcade de Ferrol en funcións, Jose Manuel Rey Varela, recibiu hoxe no despacho de Alcaldía do Pazo Municipal da praza de Armas á embaixadora de Australia en España, Virginia Greville. O motivo da visita foi protocolaria.
Rey Varela deulle a benvida e deseoulle que pase unha agradable estancia en Ferrol. Así mesmo, e a modo de agasallo institucional, fíxolle entrega dunha bandexa en cerámica de Sargadelos coa imaxe do castelo de San Felipe.
O todavía primeiro edil de Ferrol destacou da visita a “importancia de manter as boas relacións institucionais con Australia, país que mantén importantes relacións comerciais con esta cidade, en concreto con Navantia e a Armada”.











