publicidade hoxe

A edil popular que apoiou ao PSOE en Ourol será tenente de alcalde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurol
A-
A+
Europa Press

A concelleira de Ourol (Lugo) Begoña Moreiras, que foi elixida nas listas do PP nas municipais do 24 de maio e que apoiou a investidura do PSOE, será a primeira tenente de alcalde deste municipio, así como responsable da Concellaría de Economía e Facenda e tesoureira municipal. O alcalde de Ourol, o socialista José Luís Pajón Camba, confirmou que a iniciativa de ofrecerlle a primeira tenencia de alcaldía de Begoña Moreiras partiu do PSOE e defendeu que “ela non pediu nada”.

“Estivemos a falalo entre nós porque necesitamos un goberno estable e decidimos proporlle que se implicase no goberno”, afirmou Pajón, quen insistiu en que para os socialistas foi “unha sorpresa” que esta edil elixida nas listas do PP os votase e asegurou que “non había ningún pacto previo”.

Tras 28 anos de goberno do PP, o pasado sábado o PSOE logrou a Alcaldía de Ourol grazas ao apoio do número dous do PP, que co seu voto botou por terra o pacto verbal que alcanzara o seu partido e Compromiso por Galicia, liderado por quen fose tenente de alcalde popular no anterior mandato.

Nas eleccións municipais do 24 de maio o PSOE lograra catro concelleiros, o PP tres e Compromiso por Galicia dous. O PP xa anunciou que abrirá expediente de expulsión a Begoña Moreiras.

18 de xuño de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.