publicidade hoxe

A Deputación destina uns 356.000 euros para mellorar a estrada O Mosteiro-Arcos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeisPontevedra
A-
A+

A Deputación investirá 356.975 euros nas obras de mellora dun tramo da EP-9401, entre O Mosteiro e Arcos, no concello de Meis, que na actualidade presenta un pavimento en mal estado, deficiencias na sinalización e danos nas beirarrúas, entre outras carencias. Co proxecto aprobado este venres pola Xunta de Goberno búscase mellorar a seguridade viaria deste tramo da estrada provincial, desde a saída da AG-41 ata o seu cruzamento coa EP-9403.

Carrís máis anchos, beirarrúas e zonas de aparcamento

As obras incluirán a renovación da capa de rodaxe da vía, así como a ampliación das dimensións dos actuais carrís de circulación ata os 3 m de ancho. Tamén se proxecta a ampliación da plataforma da estrada a ambas as marxes da calzada para dotala de beirarrúas de 1,8 m e beiravías de 20 cm, e a instalación de zonas de aparcamento en serie na marxe dereita da circulación.

Finalmente, as obras incluirán a mellora da iluminación pública da sinalización horizontal e vertical da zona.

O proxecto aprobado pola Deputación de Pontevedra establece ademais que, para evitar custosas demolicións no futuro, se levará a cabo unha serie de instalacións subterráneas para a recollida de augas pluviais, a distribución de enerxía eléctrica ou as telecomunicacións. O prazo de execución da obra é de 4 meses.

22 de xuño de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.