A Deputación destina 7.800 euros á Asociación Club Náutico de Raxó, á Escola de Ximnasia Vagalume e ó Atletismo +9 Moraña
A deputada Begoña Estévez recibiu esta mañá os responsables de varias entidades deportivas da provincia para entregarlles a acta presidencial pola que se lles concede, a cada unha das entidades, unha axuda económica, cun importe que ascende a máis de 28.000 euros.
Na procura de promover o desenvolvemento da práctica deportiva na provincia, mediante o patrocinio e a colaboración na posta en marcha de diversas actividades, a Deputación concedeulle unha axuda de 3.000 euros á Asociación Club Náutico de Raxó, en Poio, co fin de favorecer a súa partición en ligas e competicións oficiais no ámbito da súa disciplina deportiva.
A deputada provincial tamén lles entregou ás responsables da Escola de Ximnasia Vagalume de Pontevedra e do Atletismo +9 de Moraña as resolucións presidencias polas que a Deputación lles concede unha subvención para a adquisición de material deportivo e a promoción da actividade deportiva na provincia. Así, a escola pontevedresa recibirá 2.000 euros para mercar un tapiz, e o club de atletismo de Moraña 2.850 euros para organizar a III Carreira Carneiro ó Espeto.
Así mesmo, na sala de xuntas do Pazo provincial, Begoña Estévez entregoulles ós responsables do Club Piragüismo Portonovo, do Alondras CF, do Bueu Atlético Balonmán e da Agrupación Deportiva FS de Bueu as resolucións presidenciais polas que se lles concede unha axuda económica para a promoción e apoio da actividade deportiva na provincia.











