A Deputación de Pontevedra concede 10.000 euros para o Club Piragüismo de Portonovo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSanxenxo
A-
A+

A deputada Begoña Estévez recibiu esta mañá os responsables de varias entidades deportivas da provincia para entregarlles a acta presidencial pola que se lles concede, a cada unha das entidades, unha axuda económica, cun importe que ascende a máis de 28.000 euros.

Na procura de promover o desenvolvemento da práctica deportiva na provincia, mediante o patrocinio e a colaboración na posta en marcha de diversas actividades, a Deputación concedeulle unha axuda de 10.000 euros ó Club Piragüismo Portonovo co fin de favorecer a súa partición en ligas e competicións oficiais da súa disciplina deportiva. Neste apartado tamén se lles concedeu unha subvención á Asociación Club Náutico de Raxó (Poio) e á Agrupación Deportiva Fútbol Sala Bueu, (3.000 euros a cada unha delas).

25 de xuño de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.