A Coruña participará en Londres na feira turística The Meeting Show
O Consorcio de Turismo participará do 7 ao 9 de xullo na feira The Meeting Show, que se celebra en Londres, un dos eventos máis importantes no sector dos congresos. A Coruña estará presente co seu propio espazo dentro do stand de España, onde tamén terán presenza outras cidades como Bilbao, Lanzarote, Málaga, San Sebastián, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Toledo ou Zaragoza. Esta iniciativa está promovida pola Spain Convention Bureau, organismo de promoción turística da FEMP, e que conta co respaldo da Oficial Española de Turismo de Londres.
O obxectivo de estar presente na feira londiniense é promocionar a conexión aérea con LondresHeatrow e posicionar A Coruña no mercado británico como destino para a celebración de congresos e encontros profesionais, un mercado que xera un importante retorno económico para as cidades sede, tendo en conta que o gasto estimado medio por congresista ronda os 330 euros diarios.











