A Corporación de Vigo mantén o gasto da anterior lexislatura nas dedicacións e o persoal eventual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A Corporación municipal non suporá un maior custo que o da anterior lexislatura, segundo se decidiu esta mañá nun Pleno extraordinario. A proposta do goberno local foi manter o mesmo gasto que hai catro anos en dedicacións para os concelleiros e en dotacións económicas para os grupos municipais.

 

Os votos do goberno local permitiron esta mañá dar luz verde a unha proposta de decicacións exclusivas e de dotacións económicas para grupos municipais que non superarán o custo da anterior Corporación. Cos votos en contra do PP e da Marea de Vigo, o PSOE aprobou un “reparto proporcional que garante medios para todos”, segundo explicou o voceiro socialista, Carlos López Font.

Na sesión plenaria desta mañá tamén se aprobou a perioricidade das sesións do Pleno, a creación e composición das comisións, e o nomeamento dos membros da Corporación nos organismos autónomos municipais e no Padroado Quiñones de León.

29 de xuño de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.