A Concellería de Educación do Concello de Ourense abre prazo de presentación de proxectos para “Universidade Popular”
Por primeira vez, a Universidade Popular de Ourense aproba unhas bases que rexirán a selección dos proxectos formativos que se incluirán na programación do curso 2015-2016. Así se acordou o xoves 25 de xuño en Xunta de Goberno Local.
A Concellería de Educación do Concello de Ourense abre dende o vindeiro luns, día 29 de xuño, ata o 10 de xullo de 2015 o prazo de presentación de proxectos para impartir accións formativas no programa municipal “Universidade Popular” 2015-2016, de acordo coas bases aprobadas o xoves pola Xunta de Goberno Local.
As bases están a disposición dos cidadáns nas dependencias da Concellería de Educación (Praza San Martiño, 2, 1º) e na páxina web da Concellería de Educación (www.educacionourense.com).
A Universidade Popular é un programa municipal que atende cada ano a máis de 3.000 cidadáns e que require dunha selección transparente das actividades que se incluirán no vindeiro curso. En aras desta transparencia, se aprobaron as bases para a selección de proxectos formativos.
A institucionalización dun servizo destas dimensións debe realizarse no ámbito municipal, ao ser administración local a máis cercana á cidadanía, o que permite coñecer a realidade concreta e planificar accións axustadas aos problemas que afectan aos diferentes grupos e sectores da poboación, cuns curricula funcionáis, flexibles e en función dos intereses e necesidades da cidadanía.
Para acadar os obxectivos previstos é preciso contar cunha oferta formativa que resulte atractiva e interesenta para a poboación destinataria. Con tal finalidade a Concelleria de Educación elaborou unhas bases para a selección de proxectos formativos para a Universidade Popular de Ourense no curso 2015-16. Ditas bases responden aos principios de libertade de acceso, publicidade e transparencia, de non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos.











