A Comisión Europea concédelle á Deputación de Pontevedra 1 millón de euros para un programa de prácticas para titulares de ciclos medios de FP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O programa Practicum Depo 2015 está orientado a completar a formación dos mozos, a mellorar o seu dominio de idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción laboral, tal e como explicou hoxe en rolda de prensa o vicepresidente da Deputación José Manuel Figueroa. As bolsas Erasmus+, que a Deputación de Pontevedra solicitou ao Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos para a edición de 2015, están destinadas a mozos recentemente titulados en ciclos medios de FP.

Varios centros de FP da provincia sumáronse a este proxecto para enviar a Europa aos seus alumnos, que realizarán prácticas de seis meses en empresas privadas ou organismos públicos de diferentes países, preferentemente de fala inglesa. Trátase de prácticas moi ben remuneradas e de gran calidade, pois os alumnos irán a países con mellores posibilidades de formación e práctica en cada unha das especialidades ofertadas. Os bolseiros estarán nos seus destinos en agosto ou setembro.

12 de xuño de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.