publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Cañiza organiza un curso de cortador profesional de xamón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O Concello da Cañiza organiza un curso de formación de cortador profesional de xamón de 25 horas de duración que se impartirá durante todos os mércores do mes de xullo polo cortador profesional Víctor Burgos, responsable da 1ª edición de cortadores de xamón celebrada o pasado ano con motivo do 48º Aniversario da Feira do Xamón da Cañiza.

O curso está orientado preferentemente a persoas desempregadas pero se non se cobren as prazas tamén poden acceder os veciño<sent\>s interesados en aprender este oficio.  Impartirase na Casa de Cultura da Cañiza en horario de mañá ou tarde, a determinar segundo as preferencias dos alumnos, durante todos os mércores do mes de xullo cunha duración de 5 horas ao día.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de xuño e as persoas interesadas poden anotarse nas oficinas xerais do Concello en horario de 8:30 a 15:00 horas. É gratuíto para todos os participantes e ao final entregarase un diploma acreditativo.

Ademais os alumnos participarán na 1ª Edición de Cortadores Amateurs de Xamón que se celebrará o 15 de agosto dentro dos actos de celebración da 49º Edición da Festa do Xamón. Nesta xornada poderán exhibir os coñecementos adquiridos durante a formación e ao mesmo tempo colaborar na organización desta prestixiosa Feira.

24 de xuño de 2015 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.