publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Cañiza homenaxea a unha das veciñas máis lonxevas no seu 100 Aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Celebración do aniversairio

Celebración do aniversairio

Rodeada de  todos os seus veciños e en compañía da súa familia, Aquilina celebrou o seu 100 aniversario agasallada co agarimo de todos os que a rodean. Así llo manifestou ao Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, quen tamén estivo presente nesta feliz ocasión. O Alcalde non quixo deixar pasar a oportunidade de agradecerlle a súa conduta exemplar e cívica como veciña e rendeulle unha pequena homenaxe en nome da parroquia de Valeixe.

Aquilina Fernández Pérez, naceu en Ventosela- Sampayo (Ourense), un 29 de maio de 1915 no seo dunha familia humilde e traballadora. Desde moi novo tivo que labrarse o seu porvir e trasladarse á Capital  de España para traballar como cociñeira na casa de Dona Anita, coñecida familiar do Ex Presidente Calvo Sotelo. Destacaba por ser unha excelente  cociñeira e pasteleira. Anos máis tarde volvería a Galicia para rexentar na cidade de Pontevedra unha frutería. Foi nestes anos cando coñeceu ao seu marido, natural de O Pazo de Valeixe que naquel entón cumpría co servizo militar nesa cidade. Pronto casaron e abriron o bar Castela fronte á Igrexa da Peregrina. Nestes anos tiveron 3 fillos. Case 20 anos despois de abrir o Castela decidiron instalarse no tranquilo lugar de O Pazo de Valeixe, na Cañiza, onde o seu marido se dedicou ao trato de gando. Pero Aquilina continuou facendo o que mellor sabía facer: cociñar e facer pasteis. A súa gran man para a cociña era coñecida en toda a zona e por iso era a ela a quen chamaban para as vodas e grandes banquetes. 

Agora vive tranquila co seu fillo Manuel en O Pazo, rodeada do agarimo da súa pequena familia e dos veciños de Valeixe que non quixeron deixala soa nesta ocasión tan especial. O seu 100 Aniversario. 

1 de xuño de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.