publicidade hoxe

A Cañiza abre o prazo para a inscrición nos campamentos de verán municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Desde fai once anos o Concello da Cañiza organiza os seus propios campamentos urbanos dirixidos aos máis pequenos da casa co obxectivo de fomentar a práctica de actividades físicas, deportivas e recreativas no medio natural e a ocupación do tempo libre e de lecer. E xusto para interactuar co medio natural que mellor que o cámping municipal Carballo do Marco así como as súas inmediacións, xunto coa piscina ao aire libre das Grades e o pavillón municipal, instalacións nas que se desenvolverán todas as actividades do campamento.

A primeira quenda inaugúrase o 1 de xullo e desenvolverase ata o día 15 e o segundo comezará o 16 ata final de mes. En cada unha das quendas poderán participar 50 nenos sempre que teñan 3 anos de idade cumpridos (coa condición indispensable de que estes pequenos cursen polo menos un ano de Educación Infantil) establecéndose o límite de idade nos 12 anos. O prezo está establecido en 45 €uros para cada quenda.

As actividades do campamento están organizadas atendendo a tres grupos diferenciados de idades. O Grupo I corresponde aos máis pequenos de idades entre os 3 e 5 anos. O II Grupo está dirixido a nenos de 6 a 9 anos e o III aos maiores de 10 a 12 anos.

Os nenos participantes disporán de actividades de carácter sociocultural, recreativo, deportivo e convivencial. Talleres de aprendizaxe, pequenas olimpíadas, xogos e moito entretemento para que os máis pequenos poidan gozar dunhas merecidas vacacións de verán.

A ESCOLA DE BAILE MÓVETE DA CAÑIZA CELEBRARÁ A GALA FIN DE TEMPADA  

Esperando un éxito comparable ao ano pasado, a Escola de Baile “Móvete” da Cañiza celebrará este sábado o seu V Festival Fin de Curso no pavillón municipal da Cañiza a partir das 20h no que todos os alumnos exhibirán os coñecementos e ritmos apresos durante esta última tempada.

Ao ritmo de ballet, baile moderno, baile de salón, zumba ou baile deportivo os asistentes poderán gozar durante case dúas horas de actuación cos alumnos máis pequenos de apenas tres anos, nenos e nenas, aprendices máis novos e adultos.

A directora da Escola Raquel Rodríguez promete grandes sorpresas durante toda a velada e anima a todos os veciño<sent\>s da Cañiza e aos amantes do baile a asistir a esta Gala que como todos os anos fai as delicias de todos os públicos.

19 de xuño de 2015 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.