publicidade hoxe

A Biblioteca de Verín programa ‘O ladrón de plumas’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro venres 05 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O ladrón de plumas’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e como manualidade unha aguia de cartón pintada a man -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca en tamaño A4 e un rolo de papel de cociña-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624. 

1 de xuño de 2015 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.