publicidade hoxe

A biblioteca de Santa Cruz será escenario da presentación do poemario «O punto de maduración»

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz acolle este venres a partir das 18:30 horas a presentación do poemario O punto de maduración a cargo da súa autora María Luisa Abad. A poetisa estaeá acompañada da cantautora María José Pérez. Esta obra esta formada por un conxunto de 35 poemas de carácter intimista, coa muller e os sentimentos como tema principal.

María Luisa Abad, licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona. Mestra, profesora de Educación Infantil e Primaria e Secundaria durante 40 anos na Coruña, Barcelona e Vigo. Pola súa parte, María José Pérez é unha nova artista do panorama actual da música en galego. Compositora e intérprete dos seus propios temas, agora estrea o seu segundo álbum titulado Guerrilleira.

10 de xuño de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.