publicidade hoxe

A Baña aposta polo fomento do galego entre as familias co Programa Apego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+
Presentación na Baña do programa Apego

Presentación na Baña do programa Apego

O Concello da Baña aposta polo fomento e a transmisión da lingua galega entre as familias que esperan un bebé. E faino a través do Programa Apego, que hoxe presentou no PAI de San Mamede o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso. También estiveron, además dos 20 nenos e nenas que acuden ao PAI e as súas educadoras, a concelleira de Cultura, Emprego, Servicios Sociais e Educación, Alicia Blanco, e a responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, Carme Pereiro. O Concello da Baña, según destacou o alcalde, é un dos de menor número de habitantes que participa en Apego, un programa colectivo dirixido ás familias que están esperando un fillo o filla o que teña nenos e nenas de 0 a 6 anos. A iniciativa pretende axudar á socialización do galego e a fomentar e transmitir o galego. Os outros concellos que tamén participan son: Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo.

O Concello da Baña estima que arredor de 20 familias participarán este ano en Apego. Hoxe o alcalde entregou unha caixa de benvida á una futura mamá que está esperando un bebé. A caixa contén: un apego, un libro, un álbum, un adhesivo para o coche e un medidor. No Concello rexístranse unha media de 20 nacementos cada ano. Carme Pereiro destaca que “calquera familia con nenos pequenos pode integrarse no programa”. “So se require unha implicación coa lingua galega, e a cambio terán o respaldo dunha comunidade de apoio”. Apego naceu por iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) no curso de verán 2014 que organiza a Universidade da Coruña xunto con CTNL, o Concello de Carballo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Na web www.apego.gal pódese obter información sobre o proxecto. O Concello da Baña estivo desde un principio interesado neste proxecto. Xa leva varios anos implicado, de maneira individual, con familias que teñen nenos e nenas de 0 a 6 anos a través do programa Maimiños e Furabolos. Entre os obxectivos de Apego está o fomento do uso da lingua galega e a súa transmisión para estimular a socialización das crianzas en galego mentres interactúan as distintas xeracións da familia.

24 de xuño de 2015 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.