publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A área de Cultura publica unha guía dos cruceiros de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Universidade de Santiago, ven de publicar na páxina web municipal unha guía sobre os cruceiros de Carral.

A guía, elaborada por Guillermo Alcalde Souto, Pablo Mosquera García e Carlos Lorenzo Pérez, ofrece información dos cruceiros de Tabeaio, Sergude, Cañás, os dous de San Vicente de Vigo, Paleo, Quembre, Sumio, Rubieiro, Beira e As Travesas. A publicación dá detalles da súa localización e das principais características construtivas e artísticas, engadindo múltiples fotografías. Ademais, a guía ofrece unha descrición xenérica dos cruceiros e do significado que se lles outorgan na cultura galega.

Este documento é produto da colaboración que ven mantendo o departamento municipal de Cultura e a facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, consistente no acollemento de alumnado en prácticas dos últimos cursos dos graos de Historia e Historia do Arte,

desenvolvendo proxectos dirixidos polo técnico municipal de Cultura encamiñados á investigación e recuperación do patrimonio inmaterial e histórico.

A guía dos cruceiros de Carral pódese descargar no apartado de Cultura da páxina www.carral.es.

Xa se pode descargar de balde o libro de fotos antigas de Carral  

Por outra banda, a páxina web do Concello de Carral, www.carral.es, ofrece desde o pasado sábado a posibilidade de descargar de balde o libro Fotos para as mil historias de Carral, que foi presentado polo alcalde e o técnico de Cultura municipal nun acto que se desenvolveu no edificio social Toñito Espiñeira.

O libro en formato pdf pódese descargar desde a zona de Cultura da web municipal. Existen tamén exemplares impresos que se distribúen de balde na Casa da Cultura, á que poden acudir as persoas que desexen contar cun exemplar. 

A presentación do libro contou con dous actos. No primeiro estiveron convidados as persoas e entidades que cederon fotografías ao arquivo fotográfico municipal para poder confeccionar exposicións e libros; e un segundo acto aberto ao público en xeral.

Os intervenientes salientaron a importancia de salvagardar este patrimonio e de difundilo. Quixeron tamén render homenaxe a José Gestal García “Cardoña”, xa que a meirande parte das fotografías do libro presentado foron tiradas por este fotógrafo de Carral.

9 de xuño de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.