publicidade hoxe

A ameixa volverá a converterse na protagonista de Poio o 11 e 12 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre as datas da próxima Festa da Ameixa de Campelo que este ano celebrará a súa XXVIII edición.

As datas escollidas para a celebración deste evento gastronómico serán o 11 e 12 de xullo. O Concello de Poio confía en poder celebrar a festa nestas datas sempre e cando a ría se atope aberta ó marisqueo e se poda contar co produto local que é o verdadeiro protagonista da Festa da Ameixa. O pasado ano a celebración da Festa da Ameixa estivo a piques de seren posposta debido ó peche da nosa ría e reiteradas ocasións. Dende o Concello de Poio estamos pendentes da información facilitada polo Intecmar, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, esperando que a apertura da ría sexa prolongada co fin de poder celebrar un dos eventos gastronómicos máis importantes do municipio de Poio e favorecer tamén o traballo dos/as mariscadores/as que se gañan a vida traballando na Ría de Pontevedra.

Para este ano 2015 xa están confirmadas as orquestras que animarán a noite do sábado e domingo na localidade de Campelo. O folclore, como en pasadas edicións, tamén estará presente no evento gastronómico así como a tradicional homenaxe ás mariscadoras xubiladas recentemente. A Concellaría de Turismo segue a traballar no programa da Festa da Ameixa co fin de dinamizar a festa e ofrecer actividades complementarias nun evento que xa é unha cita obrigada para tódolos amantes das festas gastronómicas.

5 de xuño de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.