A AECC realiza un peditorio en Ourense o mércores 24 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Máis de 1,5 millóns de persoas en España están afectadas de cancro. Cada ano diagnostícanse ao redor de 200.000 novos casos. Un de cada tres homes e unha de cada catro mulleres padecerá cancro ao longo da súa vida. Con este panorama, o traballo da Asociación Española Contra o Cancro (aecc) ten máis sentido que nunca. Por este motivo, o próximo 24 de xuño, a aecc sairá á rúa a recadar fondos para seguir traballando no que vén facendo en Ourense desde fai máis de 20 anos: loitar contra o cancro.

Con máis de 150 persoas voluntarias, enfermos e familiares, uns 250 petos e un total de 30 mesas repartidas pola cidade de Ourense. A aecc solicitará directamente a colaboración da cidadanía na loita contra o cancro. Tamén se poderá doar a través da web (www.aecc.es) elixindo a cantidade e a provincia á que se quere doar. A recadación permitirá á asociación continuar financiando proxectos en investigación oncolóxica, seguir realizando programas de apoio e acompañamento á persoa enferma e á súa familia e incidir en campañas de prevención e detección precoz da enfermidade. Todos os servizos da aecc son gratuítos polo que o peditorio é vital para poder seguir manténdoos.

A pesar da crise económica que atravesa España, os ingresos por peditorio mantivéronse grazas á xenerosidade da sociedade Ourensá. Ao redor duns 15.000 euros espérase recadar este ano, diñeiro que se destinará a levar a cabo as principais actividades da aecc.

PUNTOS DE MESAS DISTRIBUÍDOS POR TODA A CIDADE:

Excmo. Concello de Ourense, Excma. Deputación Provincial de Ourense, Curros Enríquez, Axencia Tributaria, Carrefour, Ponte, CHUO, Seixalvo, Xoán XXIII, Paseo, Casco Vello, A Valenza, Progreso, A Carballeira, entre outros…

23 de xuño de 2015 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.