publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xove acolle o XXII Torneo de Ximnasia Rítmica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Mañá, sábado 23 de maio, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia.  O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de  7 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Begonte, a E. X.  Porta Norte de Burela/Ribadeo,  o C. Filigrana de Lugo, o C.X.R. Porta Norte de Viveiro e o C. Violeta de Baamonde.

22 de maio de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.