Xornadas de portas abertas no Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal comeza esta tarde as xornadas de portas abertas nos adestramentos das súas categorías inferiores, desde o equipo de Psicomotricidade, formado por nenos de 3 a 5 anos, ata o equipo Xuvenil de División de Honra, pasando pola sección feminina de Santiago Futsal A Gaiola.

Todo xogador e xogadora que queira probar e coñecer os métodos de traballo da canteira e formar parte da familia do Santiago Futsal, poderá facelo desde o día de hoxe ata o día 11 de Xuño. Aquelas persoas interesadas poden porse en contacto chamando ao número de teléfono 981 11 50 38 ou mediante email á dirección administracion@santiagofutsal.com. Informaráselles do día e a hora das sesións de adestramentos en función das diferentes categorías do club.

15 de maio de 2015 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.