Xornada de compromisos e actos para o Santiago Futsal

Santiago Futsal na visita a La Voz de Galicia
O primeiro equipo e o corpo técnico do Santiago Futsal realizaron esta mañá diversos actos con colaboradores e patrocinadores do club, así como tamén a visita ao colexio de Sigüeiro, acto de gran interese educativo e social por tratarse das Xornadas das Matemáticas e o Deporte.
En primeiro lugar, o equipo visitou as instalacións do Concesionario Yáñez, patrocinador e provedor de vehículos ao club esta tempada. A continuación, o persoal dirixiuse a Salgueiriños, onde visitou a redacción de La Voz de Galicia. Alí recibiunos o delegado do diario en Santiago de Compostela, don Ignacio Carballo, quen felicitou ao equipo pola súa gran tempada e polos éxitos alcanzados durante a mesma.
Finalmente, o técnico do Santiago Futsal Santi Valladares, acompañado dos xogadores Hugo Sánchez, Marcos Vara, Santi e Gallego, participaron nas Xornadas das Matemáticas e o Deporte celebradas no CEIP de Sigüeiro. O míster e os xogadores ensinaron aos alumnos certos xogos de habilidade e destreza do fútbol sala relacionados coas matemáticas e que o primeiro persoal realiza nos seus adestramentos diarios.
Tras os actos desta mañá, o primeiro equipo do Santiago Futsal dá por finalizados os compromisos con entidades nesta semana. Mañá pola tarde realizarán unha última sesión de adestramento e gozarán de tres días libres ata o luns.











