Xornada atlética da Sociedade Ximnástica para gozar coas Escolas Municipais de Atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O curso 2014/2015, da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica, que patrocina o Instituto Municipal de Deportes, está a chegar ao seu fin e como colofón mañá mércores celébrase o FESTIVAL DE CLAUSURA. Unha xornada atlética a disputar de seis a sete da tarde, nas pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra e que terá como protagonismo aos atletas da Escola.

Será unha xornada para facer balance de todo o feito durante estes 8 meses. Os atletas mostrarán os seus coñecementos na “arte” do atletismo, acompañados dos seus familiares que seguramente acudirán a velos e dirixidos polos seus adestradores, Geles, Fran, Jesús, David, Kiko, Alex, Santi e Eva.

Tampouco será unha despedida xa que moitos deles aínda teñen competicións ata mediados de xuño, proba diso será o vindeiro sábado co Provincial XOGADE en pista para os benxamíns.

As mozas da Ximnástica demostraron en Lugo que están en boa forma

Tras a noticia de que o equipo feminino da Sociedade Ximnástica, clasificouse para a final de Segunda División Nacional, algunhas das súas integrantes acudiron moi animadas a Lugo, para participar nunha xornada atlética da Delegación Local de Atletismo e con moi boas sensacións.

Sandra Carballo, impúxose en tres probas, os 100 metros valas, cunha gran marca de 15.56, o lanzamento de peso e o salto de altura, onde fixo dobrete, primeira e segunda, coa súa compañeira Inés Martínez.

Ademais Inés e Clara Gil asinaron outro dobrete no salto con pértega, con Inés primeira e Clara segunda.

26 de maio de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.