Xogando co Vento en Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

O RCN Portosín e o Centro Náutico Outes realizan conxuntamente froito das boas relacións existentes entre eles,  o programa XOGANDO CO VENTO en colaboración coa fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia. 

Devandito programa achega a todos os escolares de Galicia de entre 8  e 16 anos,  a posibilidade de gozar da Navegación a Vela e a motor pola ría de Muros- Noia coas coberturas de Xogade.

A xornada de hoxe dedicouse ao Colexio Público Alexandre Rodriguez Cadarso en concreto a 38 alumnos/as de 5º e 6º de primaria.

Bos momentos vividos nos cales os instrutores Alex Pombo e Sergio del Rio mostraron a todos os alumnos/as  as reviravoltas da navegación cunha clase totalmente práctica onde os novos brumetes mostrarón gran entusiasmo e interese.

Devandito programa levarase a cabo nas instalacións do Centro Náutico Outes ou do Real Club Náutico Portosin ata o 30 de maio e espérase a asistencia de mais de 150 participantes repartidos en grupos de ata 20 alumnos máximo nunha mesma xornada. Ademais o programa non está deseñado como unha simple proba ou bautismo  senón que se busca o darlle continuidade para que os alumnos das zonas costeiras poidan interaccionar co mar dunha forma máis habitual.

13 de maio de 2015 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.