publicidade hoxe

Xestur adxudica 21.000 metros cadrados en sete novas parcelas de solo empresarial en Santiago, Ponte Caldelas e Mos

O consello deadministración da empresa pública Xestur aprobou hoxe a adxudicación de sete parcelas de solo empresarial nos parques de A Reigosa (Ponte Caldelas), Mos e A Sionlla (Santiago de Compostela), que supoñen máis de 21.000 metros cadrados en total.

A meirande parte do solo adxudicado corresponde a cinco parcelas do parque empresarial da Sionlla (Santiago de Compostela), cunha superficie total de 18.540 metros cadrados. No parque da Veigadaña, en Mos, adxudicouse unha parcela de 1.205 metros cadrados e no da Reigosa (Ponte Caldelas) outra de 1.263 metros cadrados.

PARCELAS ADXUDICADAS

Parque

Nº de parcelas

Superficie m2

A Sionlla (Santiago de Compostela)

5

18.540

A Veigadaña (Mos)

1

1.205

A Reigosa (Ponte Caldelas)

1

1.263

TOTAL

7

21.008

Por outra parte, o consello de administración foi informado das solicitudes presentadas por oito empresas para a adxudicación directa de dez parcelas en tres parques empresariais. As solicitudes abarcan oito parcelas do parque empresarial das Gándaras (Lugo), cunha superficie total de 6.487 metros cadrados, así como unha parcela no parque empresarial de Barreiros (560 metros cadrados) e outra no de Sigüeiro (Oroso) de 4.739 metros cadrados.

PARCELAS SOLICITADAS

Parque

Nº de parcelas

Superficie m2

As Gándaras (Lugo)

8

6.487

Barreiros

1

560

Sigüeiro (Oroso)

1

4.739

TOTAL

10

11.786

Parque Ofimático da Coruña

O consello de administración tamén aprobou a licitación das obras para completar a urbanización da parcela Z-14 do Parque Ofimático da Coruña, que foi segregada en tres parcelas diferentes e sobre as que hai asinados dous compromisos de venda.

As obras consistirán na execución das acometidas das parcelas ás redes xerais, a execución de accesos rodados ao viario perimetral e o explanado da parcela con pendentes uniformes.

A obra será licitada por un importe de máis de 431.000 euros.

Obras na Tinería

Tamén se aprobou a licitación da obra de remate da rehabilitación da edificación emprazada no número 16 da Rúa Río Miño, na Tinería. As obras consistirá no remate dos pavimentos, pintura, instalacións de calefacción e escaleiras.

Esta obra de remate do edificio, no que se obterán dúas vivendas, licitarase por máis de 68.000 euros máis IVE.

12 de maio de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.