Vilagarcía saca a licitación o quiosco bar da do parque da Compostela para a temporada de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía puxo en marcha o proceso de licitación da concesión do quiosco bar do Parque da Compostela para a temporada de verán. O adxudicatario poderá explotar as instalacións municipais dende a firma do contrato ata o 31 de setembro, coa posibilidade de prorrogala ao 30 de outubro. O canon mínimo a abonar é de 300 euros ao mes, valorándose positivamente o incremento do mesmo.

Para poder optar á concesión, os interesados deberán reunir un dos tres requisitos seguintes: ter traballado no sector da hostalería un mínimo de tres meses durante os últimos 3 anos; ser titular dun establecemento hostaleiro ou posuír un título oficial expedido por administración pública nalgunha actividade relacionado so sector.

Aparte de mellorar a oferta económica do canon, á hora de avaliar as ofertas tamén se puntuará positivamente a ampliación do horario de apertura, fixado nas bases de 10 a 21 horas ininterrompidas os 7 días da semana. O horario máximo queda marcado polas leis que regulan a apertura de establecementos hostaleiros desta categoría.

O concesionario deberá encargarse de dotar de mobiliario e menaxe o local e entre as súas obrigas están ocuparse da apertura, peche e limpeza dos aseos públicos do pavillón de servizos da Praia no que tamén se empraza o quiosco bar.

Os interesados en explotar o servizo poden consultar as bases no perfil do contratante da web, pero o prazo de presentación de ofertas non se abrirá ata o día seguinte á publicación da convocatoria no último boletín oficial, previsiblemente a finais da semana que ven. O anuncio sairá no DOG o martes e, previsiblemente a finais de semana no BOP. O prazo de presentación será de 15 días.

15 de maio de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.