Vilagarcía potencia a recollida de aceite doméstico coa instalación de 10 novos puntos de depósito
Vilagarcía acaba de incrementar os medios dispoñibles para facilitar a eliminación do aceites de cociña usado dun xeito respectuoso co medio ambiente. A pasada semana comezaron a instalarse 10 novos puntos de recollida deste residuo de orixe doméstico que se suman aos 14 xa existentes. Os novos depósitos distribúense por diversas zonas urbanas e da periferia, segundo a sindicacións da Concellería de Medio Ambiente.
A ampliación da recollida de aceite de cociña usado é posible a raíz do convenio de colaboración que o Concello acaba de renovar coa empresa especializada que se encarga da xestión do servizo dende a súa posta en marcha. Esta prestación non ten ningún tipo de custe para o Concello nin para o usuario. A firma Empresa Procesadora Gallega de Alimentos S.L. pon a infraestrutura necesaria nas rúas e encárgase do baleirado do aceite depositado nos contedores específicos polos veciños, así como de xestionar o seu procesamento nunha planta autorizada. Este residuo altamente contaminante si se verte pola rede de sumidoiro ou en calquera outro lugar da natureza, é utilizado pola empresa como materia prima para a elaboración de bio diésel.
Os 10 colectores urbanos de exterior que xa se comezaron a colocar son do modelo que permite ao usuario depositar dentro eles os botes ou botellas nos que acumulen o aceite de cociña usado. Os emprazamentos elixidos son :
Avenida Rosaía de Castro, 2º e 120, O Pedroso (Bamio), Avenida de Cambados (edificio A Gaviota e fronte o edifico Procoarsa), Doutro Tourón 35, Avenida Rodrigo de Mendoza (Fexdega, e 61), Castroagudín e Rúa Edelmiro Trillo-cruce Cobián.
A partir de agora, a rede de recollida de aceite doméstico usado conta en Vilagarcía con 24 puntos de depósito, xa que aos 10 novos súmanse os 14 situados en Trabanca Sardiñeira (Prazoleta de Abaixo), Praza de Santa María de Guillán, Praza de San Miguel (A Torre), Rúa Primeiro de Maio (Trabanca Badiña), Lugar de Cea, Praza de Ravella, Praza de Abastos, Lugar de A Laxe, Parque do Piñeiriñpo, Santa Plácida (Rubiáns), Igrexa (Cornazo), A Rosaleda (Sobradelo(, As Carolinas, Vilar (Bamio) e Carril (Alameda).











