Vilagarcía de Arousa mantén as bandeiras azuis do Cira e as praias de Campanario e Preguntorio
Vilagarcía volverá a ver ondear este ano 3 bandeiras azuis no municipio, ás correspondentes ás praias do Preguntoiro (Vilaxoán) e O Campanario (Bamio), máis a que tamén renova o Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA) como centro Azul. A Adecac fixo pública hoxe a lista de galardóns á calidade medioambiental e de servizos cos que se recoñecen ás praias, instalacións e servizos de toda España que fixo pública hoxe a Adeac. O goberno local acolleu con gran satisfacción a noticia da renovación das tres bandeiras coas que Vilagarcía xa contou por vez primeira o pasado ano .
Como xa acontecera o pasado verán, o Concello presentou tres candidaturas de Bandeira Azul e volveu a acadar o pleno. A praia de Bamio repite o distintivo que estreara en 2013 e a de Preguntoiro izará por terceira. Aos galardóns destes dous areais súmase o do CIRA, que izará a Bandeira Azul por quinto ano consecutivo.
As bandeiras azuis son un símbolo e un estándar mundial de ecocalidade turística, recoñecido e apoiado polos organismos das Nacións Unidas. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) é o organismo autónomo e independente que se encarga a nivel mundial de comprobar se os areais e instalacións cumpren cos requisitos de calidade e servizos que se precisan para obter o galardón e de concedelos anualmente.
O goberno local felicita a todos os vilagarciáns pola obtención duns galardóns que contribúen a potenciar a marca Vilagarcía dentro e fora de Galicia e que confía en que repercutan positivamente na promoción turística e na dinamización da economía local.
A renovación das tres bandeiras azuis refrenda o traballo que está realizando o Concello para elevar a calidade das praias e dos servizo turísticos. Isto, ademais de ser un motivo de satisfacción para o Concello tamén implica unha maior responsabilidade obriga á administración local a realizar un esforzo aínda maior en canto á dotación de recursos materiais e humanos para o mantemento das zonas e calidade dos servizos co obxecto de continuar cumprindo os criterios de calidade que esixe a Adeac.











