Vilagarcía adhírese ao plan de compostaxe doméstico de Sogama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía porá en marcha coa colaboración de Sogama un Programa de Compostaxe Doméstico que ten como obxectivo dar un paso máis na filosofía das tres “R” (reciclar, recuperar e reutilizar). Ademais de potenciar a recollida selectiva, o Concello abordará agora a redución da bolsa de lixo convencional (a que botamos nos contedores verdes) aproveitando os residuos orgánicos para elaborar abono orgánico.

Deste xeito, ademais de conseguir un novo recurso e obter un beneficio medioambiental importante, a medida tamén suporá un importante aforro económico xa que ao alixeirar a bolsa de lixo, o Concello reducirá tamén o custe que lle supón ao Concello xestionalos, e que se abona por peso.

Segundo o protocolo de actuación aprobado polo goberno local, o Concello designará a unha persoa que actuará como interlocutor con Sogama e se encargará así como designar ao persoal municipal que se encargará de facer seguimento domiciliario do programa, comprobar a técnica, corrixir malas prácticas e resolver dúbidas. Tamén será o Concello quen seleccione ás vivendas participante se que deben cumprir os requisitos des er unifamiliares, dispoñen de horta, xardín ou terras de cultivo

Pola súa banda, Sogama achega o material didáctico e divulgativo de apoio (carteis e manuais) a entregar a cada familia participante na experiencia. A Sociedade Galega de Medio Ambiente tamén se encargará de impartir un curso de formación orientado directamente ás familias participantes ou ben aos representantes do Concello que asumirán o rol de mestres composteiros para instruír a posteriori aos veciños.

Os composteiros tamén os financiará Sogama. Son depósitos de 240 litros de capacidade deseñados para acelerar a fermentación da materia orgánica e obter a partires da mesma un abono natural de alta calidade para ser utilizado como acondicionador de solos, en substitución de fertilizantes artificiais. 

28 de maio de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.