publicidade hoxe

Vila de Cruces prepárase para unha nova edición da Festa do Galo de Curral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVila de Cruces
A-
A+

festa-do-galo-de-curralO Concello de Vila de Cruces prepárase para a XXII Festa Gastronómica do Galo de Curral que terá lugar o 31 de maio. As actividades comezarán o sábado 30 de maio, a partir das 19.00 h. con “O Galo Canta nas tabernas”, coa actuación de grupos de música tradicional polos bares da vila e, ás 24.00 h, será o grupo Os Carunchos, o encargado de amenizar a verbena na praza do Concello.

O día grande será o domingo 31 de maio, que dará comezo co tradicional pasarrúas a cargo de grupos folclóricos O Arco de Merza e a Banda de Gaitas de Piloño. A partir das 11.00 h. comezará a concentración de coches antigos mentres, ao longo da mañá se sucederán diversas actuacións entres as que se inclúe un espectáculo musical a tres bandas, en torno ao mediodía, coa Banda Municipal de Silleda, a Banda de Gaitas do Concello de Forcarei, Odaiko Percussion Group e Voces da Terra. O pregón, previsto para as 13.00 h. correrá a cargo do chef Iván Domínguez. Ao que seguirá, ás 13.15 h., o concerto da cantante maría do Ceo e media hora máis tarde actuará o grupo musical Malvela.

Xa pola tarde, a partir das 17.30 horas terá lugar o XXII Festival de Bandas de Galicia coas agrupacións Banda Unión Musical Ponteledesma, Banda de Música Cultural de Teo e Banda Artística de Merza. O fin de festa correrá a cargo da orquestra Panorama a partir das 22.00 horas.

14 de maio de 2015 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.