publicidade hoxe

Verín acolle o obradoiro ‘Mellorando a visibilidade do voso proxecto cooperativo’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Dirección de Traballo e Economía social da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo na que está incluida o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, continúa apostando pola fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

No plan de actuación 2015 da rede Eusumo intégrase o obradoiro “Mellorando a visibilidade do voso proxecto cooperativo”, unha xornada destinada a mellorar a visibilidade dos proxectos empresariais cooperativos traballando en aspectos esenciais que axudarán aos asistentes a posicionarse no mercado dunha forma diferenciada. Estes aspectos son: traballando a súa proposta de valor, orientándose cara o cliente, mellorando a visibilidade e comunicación do seu negocio e identificando solucións comunicativas para o seu proxecto empresarial.

Este Obradoiro, dirixido principalmente a todas aquelas persoas interesadas en mellorar a visibilidade do seu proxecto empresarial ou aquelas persoas que buscan mellorar as súas habilidades comunicativas, realizarase o 22 de maio de 2015 no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín en horario de tarde, de 16:30 a 19:30 horas.

A inscrición para esta xornada, de carácter gratuíto, finaliza o 21 de maio de 2015. A mesma debe realizarse chamando ao telefono 981 55 80 08 ou a facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao enderezo info@eusumo.coop

18 de maio de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.