Uns 900 alumnos participaron nos obradoiros Aqualogía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra e Viaqua percorreron neste último trimestre os colexios de Pontevedra co obradoiro escolar sobre a auga “Aqualogía”. O programa que abarca todos os ciclos de primaria, tivo os seguintes obxetivos:

• Chegar con este programa educativo a alumnos de 3º curso de educación Primaria, dos centros escolares que o soliciten.

• Concienciar aos escolares sobre a importancia da auga e o medio ambiente.

• Achegar aos escolares o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga.

• Potenciar a participación e a interacción dos alumnos mediante o uso de novas tecnoloxías.

• Pór a disposición dos profesores unha ferramenta didáctica adaptada ao currículo de cada ciclo educativo

Foi un programa cunha grande acollida por parte dos centros de ensino xa que participaron 18 colexios dos 23 existentes, e relizándose 41 sesións, cunha participación de 879 alumnos.

Os 18 colexios participantes foron:

o C.E.I.P. SAN BENITO DE LEREZ

o C.E.I.P. DE MARCON

o C.P.R. SAN JOSE

o C.E.I.P. DE CABANAS

o C.E.I.P. MANUEL VIDAL PORTELA

o C.E.I.P. PRINCIPE FELIPE

o C.E.I.P. SAGRARIO CORAZON

o C.E.I.P. BARCELOS

o C.E.I.P. XUNQUEIRA I

o C.E.I.P. XUNQUEIRA II

o C.E.I.P. SAN MARTIÑO

o COLEGIO PLURILINGUE CALASANCIO

o C.E.P. MARCOS DA PORTELA

o C.E.I.P. A CARBALLEIRA

o C.E.I.P. ALVAREZ LIMESES

o C.E.I.P. PONTESAMPAIO

o C.E.I.P. SANTO ANDRES DE XEVE

o LOS SAUCES

Aqualogia é un obradoiro para concienciar aos pequenos sobre o uso axeitado e racional da auga. Primeiro visualízase unha presentación dos personaxes animados de Aqualogía, que explican o ciclo da auga. A partir de aí, comeza a historia do ciclo integral da auga con talleres interactivos e experimentos adaptados á idade de cada curso, para que poidan entender o que significa o uso racional da auga.

Os escolares poden coñecer a Minerva, Qualo, Vitrubio, Clara e Salvador, personaxes que aproveitan os recursos dixitais das aulas para interesar ao alumnado no ciclo urbano da auga.

Os alumnos realizan actividades prácticas onde son parte activa no desenvolvemento dun conto, xogan a descubrir o consumo da auga, descobren a rede de transporte de augas, practican a xestión da auga dunha cidade, ou reflexionan sobre como evitar que se manche a auga, experimentando técnicas de laboratorio para analizar e limpar a auga.

Os principios pedagóxicos nos que se fundamenta o programa educativo Aqualogía baséanse en metodoloxías didácticas que posibilitan a educación urbana da persoa e na que aprender non é unha simple acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento da capacidade de utilizalos.

Ademais, no Día Mundial da Auga presentouse a actividade no Salón do Libro en catro quendas, e desenvolvido en grupos de 20 persoas.

28 de maio de 2015 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.