Uns 50 rapaces de entre 8 e 17 anos poderán asistir ao partido de liga Deportivo-Levante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha convida aos veciños de idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos a asistir ao partido da 37ª xornada da Liga de Primeira División que disputarán no estadio Municipal de Riazor o Deportivo de La Coruña e o Levante o domingo a partir das 19:00 horas.

Os interesados deben reservar a súa praza dun xeito totalmente gratuíto achegándose ao Concello ou chamando ao teléfono 981 605 001. Deberán acompañar a autorización asinada polo seu pai, nai ou titor legal. As prazas dispoñibles outorgaranse por estrita orde de inscrición

O Real Club Deportivo de La Coruña cedeu 50 invitacións, froito do convenio entre o club de fútbol e o Concello da Laracha.

O autobús partirá ás 18:00 horas desde a Praza do Concello e regresará despois do partido, en torno ás 22:00 horas.

11 de maio de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.