Uns 40 escolares do Ceip Recimil visita as dependencias municipais do Concello de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Visita dos escolares

Visita dos escolares

A Casa Consistorial de Ferrol volveu esta mañá a abrir as súas portas a un centro educativo da cidade. Nesta ocasión, foi un grupo de 40 alumnos e alumnas de segundo curso de Educación Primaria do CEIP Recimil o que visitou as dependencias municipais da praza de Armas, onde foron recibidos polo alcalde Jose Manuel Rey Varela e a concelleira de Educación e Deportes, Susana Martínez Galdós.

Os estudantes comezaron o seu percorrido polo Pazo Municipal no Salón de Recepcións, un dos espazos nobres situado na primeira planta. A edil Martínez Galdós explicoulles brevemente a historia do edificio e para que serve e como funciona o Concello de Ferrol. Tras facer unha parada na sala de Alcaldes e ver os retratos de antigos rexedores do municipio, visitaron o Salón de Plenos. Nesta estancia, o alcalde, Jose Manuel Rey Varela, atendeu ás preguntas dos escolares.

A actividade se enmarca no programa de visitas guiadas para centros de ensino que leva a cabo o Concello de Ferrol, que ten a finalidade de achegar a institución municipal ás xeracións máis novas. Finalmente, o grupo de alumnos e alumas recibiron de agasallo cadanseu cómic sobre Jorge Juan e mochila; e para as docentes que os acompañaron cadanseu exemplar do libro “A Historia de Ferrol”.

5 de maio de 2015 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.