Uns 350 escolares de cinco centros de infantil e primaria participarán no programa “Concertos Didácticos”
A Concellería de Educación do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, impulsa dúas actuacións para mañá xoves dentro do Programa Educativo Municipal “Concertos Didácticos”. Máis de 350 escolares pertencentes a cinco Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) do municipio participarán mañá na obra “Pedro e o lobo” que o Conservatorio de Música presentará no Teatro Jofre. Esta iniciativa educativa deu comezo o principios do presente mes coa actuación de Bellón Maceira e a zanfoñista María López.
Así as cousas, haberá dous pases para os escolares de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos diferentes centros de ensino. Máis concretamente, o Conservatorio de Música presentará a obra “Pedro e o lobo”, en dúas sesións – ás 10:00 e ás 11:30 horas- no Jofre. Os cinco CEIP´s que participarán neste concerto didáctico organizado pola Concellería de Educación son os seguintes: Cruceiro de Canido, Esteiro, Recimil, A Laxe e Manuel Masdías.











