Uns 350 ciclistas participaron na Ruta BTT O Treito Lousame

Ruta BTT Lousame
Un total de 350 ciclistas participaron este domingo na sexta edición da Ruta BTT O Treito Lousame, celebrada durante a mañá polos montes lousamianos. Os ciclistas partiron ás 9.30 horas do polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra” para realizaren dous percorridos: unha ruta de 30 quilómetros cun desnivel acumulado de 800 metros e unha ruta de 44 quilómetros cun desnivel acumulado de 1.300 metros.
O tempo acompañou e non se produciu ningún incidente. A proba foi organizada polo Club BTT Treito, en colaboración co Concello de Lousame e coa Deputación da Coruña. Así mesmo, contou co patrocinio de Parrillada O Forno, Construcciones Goymar, Canalóns Alusa, Eroski, Tabytec, Orixinal Imaxe, Paco´s Moda, RCV Revestimientos SL, Alimenticios Caamaño, Autos Patiño Noia SL, Bar Blanca, La Mensajera Loterías, Café Bar Casa do Demo, Bicicletas RS Boiro, SportBike, Revolutrion, Gaseosas Rodríguez, Moreno Sport, Panadería San Breixo, Rótulos Ageitos, Ventanasa Galicia, TCG, MC Bikes Noia, Sóñora Fernández, Bicicletas Oliveira, Más Gestión e M. Rodríguez SL.