publicidade hoxe

Uns 300 ciclistas participarán na Copa Deputación de Pontevedra Mini BTT 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosDeportesDeportes PortadaMarínPoioPonteareasPontevedraSanxenxoVigo
A-
A+

A deputada Begoña Estévez e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, asinaron esta mañá o convenio de  colaboración para organizar a Copa Deputación de Pontevedra Mini BTT 2015, un circuíto de nove probas, puntuables para o campionato galego, que vai transcorrer polos concellos de Vigo, Cambados, Poio, Marín, Sanxenxo e Ponteareas.

Segundo a deputada Begoña Estévez, “é unha aposta polo deporte base coa que se quere apoiar os clubs ciclistas de toda a provincia de Pontevedra”, onde nos últimos anos “se constata un considerable aumento das licenzas expedidas en todas a categorías; de aí que, coa sinatura deste convenio, se busque fomentar aínda máis o ciclismo”.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Ciclismo agradeceu o apoio que a Deputación presta a este deporte, que, ano a ano, esperta un maior interese: “o ciclismo está de moda pero aínda lle queda un maior desenvolvemento na categoría feminina”.

9 probas do circuíto galego en Pontevedra

O presidente da Federación puxo de manifesto que uns 300 ciclistas, de entre 5 e 14 anos e “chegados de toda a comunidade”, participarán no circuíto da Copa Deputación de Pontevedra Mini BTT 2015. “En Galicia hai 20 probas e 9 disputaranse na provincia de Pontevedra”, sinalou Juan Carlos Muñiz. Todas estas probas son puntuables para o campionato galego e “buscan fomentar o traballo, a ilusión e a base, que é o futuro do ciclismo”. O máximo dirixente da Federación Galega animou a gozar desta competición Mini BTT, que  cualificou como “a esencia do ciclismo”.

Como novidade este ano cada ciclista terá un dorsal propio co que se facilita a inscrición en cada unha das probas.

O circuíto Copa Deputación de Pontevedra comezou o 10 de maio co II Trofeo Mini BBT, que tivo lugar en Castrelos, e disputará a súa próxima cita no calendario o sábado 23 de maio, en Coruxo, na VI Mini BTT Montes de Coruxo.

Calendario Copa Deputación de Pontevedra Mini BTT 2015
Data Proba Club organizador Lugar Concello
10 de maio II Trofeo Mini BTT CC Vigués Castrelos Vigo
23 de maio VI Mini BTT Montes de Coruxo CC Coruxo Coruxo Vigo
31 de maio II Trofeo Mini BTT Concello de Cambados CC Salnés Cambados Cambados
13 de xuño I Trofeo Praia de Lourido CC Corbelo Poio Poio
28 de xuño V Trofeo Mini BTT Ría de Marín CC Marín Lago de Castiñeiras Marín
12 de xullo III Trofeo Parque Punta Vicaño CC Corbelo Sanxenxo Sanxenxo
26 de xullo V Trofeo Mini BTT Guláns CC Ponteareas Ponteareas Ponteareas
23 de agosto I Trofeo Parque Forestal do Vixiador 2.0 Sport Team Vigo Vigo
29 de agosto III Mini DH Montes de Coruxo CC Coruxo Coruxo Vigo
11 de maio de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.