Unhas 400 persoas participaron na IX Marcha BTT Concello de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O pasado domingo celebrouse a novena edición da Marcha BTT Concello de Mos, con saída do Pavillón Óscar Pereiro e que contou cuns 400 participantes. A novidade deste ano foi que o percorrido transcorreu pola parroquia mosense de Cela. A clasificación do tipo de proba era de dureza media-alta e tivo unha lonxitude duns 30 kilómetros de percorrido. Fíxose un sorteo dun cheque regalo por valor de 400 euros, ademais dos agasallos habituais que se viñan repartindo nas edicións previas.

13 de maio de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.