Unhas 35 empresas de manualidades amosarán as últimas novidades en materiais, utensilios ou maquinaria na feira creativa “With Love”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O recinto feiral de Punta Arnela acollerá os vindeiro días 9 e 10 de maio a Feira Creativa “With Love”. Arredor de 35 empresas do sector das manualidades e do “faino ti mesmo” (do it yourself) se darán cita neste evento para amosar as últimas novidades en patchwork, bolillos, encaixes, xabóns, velas, madeira, vidro, papel, arte floral, bisutería, cerámica, scrapbooking e todo tipo de artesanía. Esta Feira Creativa estará aberta en horario ininterrompido de 10:30 a 20:30 horas, e entrada será de 3 euros presentando o bono desconto que se pode descargar na páxina: https://withlovecreativa.wordpress.com/

Durante dous días se realizarán talleres e máis dunha trintena de expositores adicados ao mundo das manualidades e ao do it yourself amosará as súas cualidades, produtos, maquinarias, utensilios, materiales e traballos. Este salón creativo contará con empresas de toda España e algunhas internacionais, destacando a presenza da mexicana Laura Sepeda que conta con case 90.000 subscritos ao seu canle de youtube onde amosa as súas creacións tecidas cos dedos. Tamén estará a española Idoia Cuesta, gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2014 e creadora da colección de bolsos “Galicia” da prestixiosa marca Loewe. Idoia Cuesta destaca pola súa innovación no mundo da cestería tradicional galega a través do xogo de materiais e cores.

4 de maio de 2015 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.