publicidade hoxe

Unha trintena de profesionais de emerxencias participan no río Umia nunha xornada de rescate acuático

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+
Participantes na xornada de rescate acuático

Participantes na xornada de rescate acuático

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou esta semana os alumnos e alumnas dunha ‘Xornada básica sobre intervención acuática’, organizada na Estrada pola Academia Galega de Seguridade Pública.

No curso participan 32 persoas, todas elas pertencentes aos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e consorcios), grupos de emerxencia municipais (GES) e profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

A xornada consistiu nunha parte de formación teórica, nas aulas da Agasp, e outra de carácter práctico, esta última nunha área fluvial do Río Umia, preto da Estrada, lugar ata o que se desprazou o director de emerxencias da Xunta de Galicia.

A actividade realízase dentro do actual marco de cualificacións profesionais e coa finalidade de ensinar aos participantes a execución das operacións necesarias para o salvamento de vidas en perigo no medio acuático. O rescate acuático é unha das ferramentas usadas en distintos tipos de situacións ou lugares nas que se require o rescate de persoas en perigo.

Por todo elo, o coñecemento de técnicas básicas así como o uso dunha sistemática común garantirá a seguridade dos rescatadores así como a das propias persoas accidentadas. Neste sentido, durante o curso fíxose unha introdución ao rescate superficial, conceptos de seguridade e criterios de rescate, materiais de uso obrigatorio e metodoloxía e execución de traballos no medio acuático, entre outros contidos.

14 de maio de 2015 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.