Unha persoa é trasladada ao Xeral de Vigo por queimaduras tras incendiarse a cociña da súa vivenda en Redondela
Un incendio orixinado na cociña dunha vivenda provocou queimaduras nunha man a un dos seus habitantes, polo que este tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Xeral de Vigo. Segundo informa o 112, os bombeiros da cidade, alertados polo servizo de emerxencias tras recibir a chamada dun particular, encargáronse da extinción do incendio que empezou nunha pota que estaba ao lume.
Ademais, ardeu por completo a campá extractora e o fume afectou considerablemente a toda a vivenda. O persoal do 112 informou tamén a bombeiros do Porriño, a Policía Local, Protección Civil e Urxencias Médicas.
Os feitos tiveron lugar na Avenida de Vigo, na parroquia de Chapela (Redondela), minutos antes de que fosen as 14,45 horas deste xoves











