Un total de 92 aspirantes a auxiliar de Policía realizarán mañá as probas físicas para acceder ás 8 prazas ofertadas en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Un total de 92 persoas foron admitidas de forma definitiva para poder acceder ao proceso de selección para a contratación de 8 Auxiliares de Policía Local ara a temporada de verán. O Concello convocou aos aspirantes mañá mércores, para a realización das probas físicas, mentres que o xamen teórico realizarase o xoves.

A primeira das probas do proceso de selección terá lugar mañá, a partir das 10 da mañá nas pistas de atletismo de Fontecarmoa. Alí, os aspirantes deberán someterse ás probas de resistencia física e velocidade puntuables nesta primeira fase. O xoves, tamén a partir das 10 da mañá, pero no Auditorio, terán que someterse aos exames teóricos. Os candidatos que obtenían a puntuación máis elevada serán os que accedan aos postos de traballo.

As contratacións dos 8 auxiliares realízase para cubrir as necesidades de servizo da temporada de verán, na que a cidade rexistra un importante incremento poboacional de de tráfico. Os contratos teñen unha duración de catro meses, repartíndose de xeito que 4 dos auxiliares traballarán do 1 de maio ao 30 de setembro e os outros 4 do 1 de xullo ao 31 de outubro.

12 de maio de 2015 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.