Un motorista ferido en Mugardos
Un motorista resultou ferido con mazaduras e golpes tras sufrir unha caída na localidade coruñesa de Mugardos. Con todo, segundo informaron fontes dos servizos de emerxencias, xa recibiu a alta médica. Segundo recolle o parte da Central de Atención ás Emerxencias, o sinistro tivo lugar ao redor das 21,30 horas deste mércores, fronte ao Pazo de Rilo, en Mugardos, ao caer da moto. O 112 mobilizou a Urxencias Médicas-061, ao GES de Mugardos e á Garda Civil de Tráfico para anteder ao ferido, duns 40 anos.