Un grupo de 56 veciños de Gondomar viaxan a Asturias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Grupo de participantes na excursión

Grupo de participantes na excursión

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través da Axencia de Viaxes PONTETUR, organizouunha excursión-viaxe para maiores de 55 anos a Asturias.

As persoasque participan na viaxe son un total de 56 veciños, que sairon o pasado 4 de Maio, dende o Concello de Gondomar en Autocar ata Gijón, hospedándose en un hotel de tres estrelas, durante 5 noites.

A saída incluía, réximen de Pensión Completa, bebida en comidas e ceas, transporte en Autocar Gran Turismo, guía acompañante, guía local oficial medio día en Oviedo, comida en Restaurante Concertado en Cangas de Onís,son cinco días nos que visitan Cudillero, Gijón, Oviedo, Candás-Luanco, Cabo Peñas, Ribadesella, Lastres, El Entrego, Cangas de Onís, Covadonga, Llanes, Villaviciosa, Tazones e Luarca, con entradas e visita guiada o Museo da Minería.

Todos eles participan e disfrutan de todos os monumentos históricos e vistas panorámicas que lles ofrecen as distintas zonas, de ondesegresaránmañáVenres.

7 de maio de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.