publicidade hoxe

Últimos días para anotarse na terceira edición da ‘Andaina Solidaria en Familia’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Mañá venres finaliza o prazo de inscrición para participar na terceira edición da ‘Andaina Solidaria e Paseo Fotográfico en Familia’, organizada polos departamentos de Educación Familiar e Deportes do Concello de Verín, xunto con UNICEF España, co obxecto de recadar fondos para axudar na construción de pozos de auga en diferentes localidades de Níxer.

As inscricións pódense realizar no departamento de Educación Familiar en horario de mañá (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal, 11 bis, no correo electrónico educadorafamiliar@verin.net ou teléfono 988-414776) ou no Pavillón Municipal de Deportes de Verín (pabellon@verin.net ou teléfono 988-411140) e Escola de Familia Municipal (antigo Lavadoiro, 988-411468) durante a tarde. Aínda que as persoas interesadas tamén poderán realizar a súa inscrición no propio pavillón de Deportes unha hora antes do inicio da andaina.

A ‘III Andaina Solidaria e Paseo Fotográfico en Familia’ terá lugar este sábado 30 de maio. A saída será ás 18 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes de Verín, e cun total 6 quilómetros os/as asistentes desprazaranse ata o campo dos Remedios (Vilamaior), onde se realizarán xogos cooperativos para os/as participantes e os/as nenos/as tamén contarán con inchables. Esta iniciativa está pensada para toda a familia -non hai límite de idade para a súa participación e os/as menores poden realizar esta andaina en mochila ou carrito-.

A retirada de dorsal terá lugar o propio día, ás 17.30 horas -os/as participantes tamén recibirán avituallamento-, no propio Pavillón de Deportes, onde estará instalada unha urna na que se poderán realizar doazóns, que serán destinadas de modo íntegro para ‘Gotas para Níxer’, unha campaña de mobilización escolar en apoio ao programa de supervivencia infantil que UNICEF desenvolven en Níxer. O custe do dorsal é de 1 euro para adultos e 0,50 € para nenos/as. Devandito programa ten coma obxectivos principais promover o acceso a auga potable e a un saneamento axeitado do 60% da poboación, erradicar a poliomielite e eliminar as tétanos maternas e neonatais, elevar ata un 40% o número de partos atendidos por persoal cualificado e reducir o índice de desnutrición crónica infantil por debaixo do 25%. 

28 de maio de 2015 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.