Tui celebra a XVIII Feira do Libro coincidindo co Día das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este domingo, 17 de maio, celebrarase a XVIII Feira do Libro Galego, no Paseo da Corredoira, con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xosé Fernando Filgueira Valverde. Esta actividade está organizada polo Concello de Tui coa colaboración das librarías tudenses Espazo Lector, Iris e Valverde que ofrecerán un 10 % de desconto, e de ACITUI.

XVIII Feira do Libro Galego

Domingo, 17 de maio, de 12 a 22h. No Paseo da Corredoira de Tui. 22 postos das librarías Espazo Lector Nobel, Iris e Valverde. Colabora: ACITUI

Programación

Ás 12:00h Inauguración a cargo de Xosé López, profesor e escritor
Ás 12:10h Recital de poesía a cargo da Asociación Amigos da Poesía do Baixo Miño
Ás 12:20h  Actuación do Grupo de Música Tradicional Arume de Malvas
Ás 13:00h  Actuación do Grupo Folclórico O Mosteiro de Pexegueiro
De 16:00h a 20:00h  Inchables
De 16:30h a 18:30h  Xogos Populares Coa”Ludoteca Xiramundo” 
De 17:00h a 20:00h  “A Feira Máxica Do Mago Teto”, carpa de maxia con pases de 10 min para 10 persoas
Ás 17:30h Actuación da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos
Ás 20:00h Actuación do Grupo Folclórico Santa Columba de Ribadelouro    

14 de maio de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.