Tres persoas evacuadas debido a un incendio na súa vivenda en Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdesSucesos
A-
A+
Europa Press

Tres persoas foron evacuadas na mañá deste venres debido a un incendio rexistrado na súa vivenda no termo municipal de Ordes (A Coruña). Segundo informou o 112, as tres persoas foron evacuadas a causa do fume dun incendio orixinado no interior da súa vivenda no segundo piso do número 15 da Rúa do Mercado, en Ordes sobre as 8,45 horas deste venres.

Tras unha primeira valoración no centro de saúde da localidade, un dos afectados tivo que ser evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

A cantidade de fume acumulada nas zonas comúns do edificio obrigou aos efectivos de emerxencias a desaloxar o inmoble. En total, oito vivendas repartidas en catro plantas.

O lume arrasou dous cuartos e o resto da casa sufriu danos provocados pola acumulación de fume, segundo sinalaron as mesmas fontes. Debido a este incendio foron mobilizados os bombeiros do parque comarcal, membros de Protección Civil da localidade e a Policía Local.

15 de maio de 2015 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.