Traballo destaca a importancia dunhas relacións laborais estables, iguais, saudables e seguras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, destacou hoxe en Vigo a importancia de promover unhas relacións laborais “estables, iguais, saudables e seguras” na apertura do Foro de Encontro de Xustiza e Traballo, que está a organizar o Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais.Bouso sinalou na súa intervención que é preciso seguir avanzando no desenvolvemento de oportunidades laborais de calidade, así como na posta en marcha de políticas de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres . Así mesmo, indicou qua importancia de continuar a impulsar medidas para ampliar as oportunidades de emprego, principalmente aquelas dirixidas a aqueles colectivos con máis dificultades para atopar un posto de traballo, como son as mulleres, mozos e mozas, parados de longa duración, persoas con discapacidade ou inmigrantes.

8 de maio de 2015 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.