Tomiño será escenario da carreira a prol do galego “Correlingua” este luns 11 de maio
O Correlingua, é unha carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística en colaboración, neste caso, co concello de Tomiño. O alumnado terá a oportunidade de expresar a súa opinión e perspectivas no tocante á situación do galego e o futuro da nosa lingua. Ademais, vai lerse o manifesto gañador.
O itinerario da marcha do Correlingua que se celebrará o vindeiro 11 de maio en Tomiño será o seguinte: saída do IES de Tomiño, onde aparcarán os autobuses, marcha en dirección á Praza do Seixo e remate nesta praza. A marcha iníciase ás 11:00 horas tendo previsto a chegada á Praza do Seixo entre as 11:15 e as 11:30 h. A partir dese momento iniciarase o programa de actividades que se detalla seguidamente e que ten prevista a hora de remate ás 12:45/13:00 h. momento en que os autobuses pasarán pola Praza do Seixo para recoller ao alumnado.
11:00 Inicio da marcha desde o Instituto até a Praza do Seixo
11:30 Inicio do acto final coa intervención de Xurxo Souto: saúdos aos participantes, entrega de agasallos aos participantes.
11:45 Lectura do manifesto.
11:50 Actuación do IES de Salvaterra.
12:00 Actuación do IES de Tomiño.
12:10 Actuación do grupo gañador do Cantalingua.
12:45 Remate do acto











